×
Corrigir

Balada Dos Sete Mariñeiros

Fuxan Os Ventos

Mariñeiros á ventura,
dunha noite atreboada
que cecais non te retorno
a ningunha madrugada.
Mariñeiros que navegan
percurando a pesca incerta
o armador en terra firme,
dorme namentras espera
A muller do mariñeiro
agarda mentras, desperta
ó carón dun lar sin lume;
zoa o vento sobre as tellas.
O mariñeiro pelexa
no medio e medio do mare,
co vento que peta firme,
e fai o barco abalare.
No medio e emdio da noite
o armador dorme agardando,
agarda-esperta a muller,
e o mariñeiro loitando
E choran sete mulleres
no medio e medio do día,
na noite do mar revolto
sete homes se perdían.
O armador xura de rabia,
no medio e medio do día,
Na tempestade da noite
un barco a pique se iba.
Pola mañán desgonzados,
sete corpos sobre a praia,
sete mariñeiros mortos,
bébedos de auga salgada.
Na tarde tocan campás
o repinicar da morte,
mentras tanto sae o mar
outro barco con sete homes.






Mais tocadas

Ouvir Fuxan Os Ventos Ouvir