×
Corrigir

Visíons De Rosana

7 Lwas

non é a noite a que fai perturbar-se a nosa tranquilidade
nós aqui, sen amparo, negando a nosa realidade
e Isabel colle a chúvia nas mans para provocar-che;
a lus de neón trema no desván
mentras tose a vella estufa de gas
o tocata sen parar de soar
e non hai nada, case nada, que apagar
só os latexos febris do corazón da Isabel
e estas visións de Rosana que estremecen o meu
no sítio onde aprendin a canasta cos jokers e os reis
onde as de noite completa viven sen normas e sen leis
o vixia alumea e nos pregunta se somos nós os tolos ou se o é el
Isabel está nunha silla
delicadamente asubia
e falando-me craro precisa
que Rosana non é miña
nos seus ósos ouvea a pantasma da electricidade
e estas visións de Rosana flotan no fume do lare
o pobre rapaz perdido toma-se en sério iso de vivir
rie-se da sua miséria, non lle importa o seu porvir
e cando escoita o nome dela sempre fala do seu bico pra min
ter cara tén un montón
ser é un inutil de pro
sempre a falares bobadas no hall
co sombreiro coa frol
non sei como explicar, non sei qué lle podo facer
estas visións de Rosana espertaron-me ao mencer
no interior dos museos o Infinito foi procesado
din que, dispois de todo, algo asi debe ser ser salvado
pola maneira en que surri Mona Lisa pareceu atopá-lo
non soporto a estupidez dos miróns
desas vellas que rezuman co olor
a de bigotes que di "santo dios!
que blasfémia!, que horror!"
a parella da mula é un esbelto corcel
e estas visións de Rosana fan-no todo cruel
o chismoso está coa avoa, que finxe preocupar-se por el
"di-me de alguén que me quera i eu farei algo por el"
mas como di Isabel:
"non hai moito en qué escoller, eh?"
mentras ela agarda por el;
a miña dona aínda non chegou
nós só vemos o que está do que foi
a capa rosa que unha vez desplegou
xamais saberei se foi amada ou amou
cando aturdida da escea escapou
e rematando toda esta evocación
a miña mente estoupou
as harmónicas son os laídos do meu corazón
e estas visións de Rosana son o que queda do amor






Mais tocadas

Ouvir 7 Lwas Ouvir