×
Corrigir

Sílvio

7 Lvvas

vivo como vivo grácias aos demais
van pasando os dias e a menuda hóstia van
non me queixo do que son
vin tempos mellores pero di-me quen non
sílvio, ouro e millóns
non valen pra pagar un mundo de ilusións
sílvio, ollo que aí vou
collo polo atallo hácia unha vida mellor
seica un tipo honrado, iso din que son
se che pido que me escoites, presta-me atención
son fillo do demo coma o noso Señor
collo algunha gorda e rompo corazóns
cruzo-me de dedos e empeza a chover
ceos despexados se os cruzo outra vez
se che van as penas cuns mimiños meus
e co son das sirenas do meu carrusel
(CORO)
dou-che o que teño e xa non teño mais
fai-te co que debas se che colle nas mans
sabes que che quero pero é que ademais
tés a porta aberta cando queiras marchar
uns dias vés preciosa e outros dias non vés
hai que deixar cousas pra ter as que tés
sempre trae problemas morrer de pracer
paga-me outra volta e non te baixes do tren
(CORO)
sei que un destes dias se teño ocasión
vou baixar ao val, vou cantar a canción
vou cantá-la alto e a todo pulmón
e que o eco decida se pervive ou non
(CORO)






Mais tocadas

Ouvir 7 Lvvas Ouvir