×
Corrigir

7 Lvvas Blues

7 Lvvas

As cousas doces e bonitas foron pra a cama todas
os julais dos pais da vila revisan as suas notas
John Wayne e o seu cabalo chegarán a punto á voda
non te preocupes, non te poñas nervosa
os políticos do cámbio farán-se de notar
discursos e mítines por toda a capital
o paquete de cor verde vai estoupar
pois o porco xa é Ministro de Interiores
Canedo leva posta a sua camisa azul
Delfina xoga e gaña outra partida ao mus
primeira corda rota, 7LVVAS blues
os comerciantes da vila a pedir-lle á fada
clientes do trinque que lles den gañáncia
de súpeto alguén berra "benvido Mr.Marshall"
e aparecen os soldados dunha base
as moxas corretean ondeando os seus vestidos
van de discoteca pra ligar-se aos raparigos
que logo solventan os problemas a tiros
e alguén di "teñen que desfogar-se"
(CORO)
"deixaron-me preñada" dixo a noiva molesta
alguén trae ao doutor para que calme a sua histéria
tras baixar-lles as persianas, sen reparos, aconsella
"non deixes entrar aqui a eses crios!"
logo chega o curandeiro que se cola dentro
e sen vacilacións lle espeta o remédio
"traga-te ese orgullo, desfai-te do neno
non morres desta, basta xa, che digo!"
(CORO)
poño agora a vista en Xudas o traidor
que mira para o xefe tras torturar a un moscón
e lle di "grande héroi, Comandante, por favor,
ónde podo botar a pastilla?"
o Comandante resposta, perseguindo a outra mosca
"morte a todos os que babean e choran"
á dereita o Seu Fillo que lle pide a hora
pois ten que acudir a Sua cita
(CORO)
a xeometria da carne inocente sobre o sexo
destrue de por si a teoria de Galileo
que corre hácia Kubrick e lle pide a ciumes cheo
un posto na Laranxa Mecánica
se pretende dar-lle a alguén a sorpresa da sua vida
faga que se vaia con Xoán Brión a unha illa
proxecte-lle A Lua ou algunha outra parida
vai ter unha morte fantástica
(CORO)
aló na montana onde Nietzsche e Norma Jean
desenrolaron unha vez o seu saco de durmir
habia un aroma fresco e sutil
e agora prantaron ali un rádar
gostaria de escrivir unha canción tan sencilla
que lle agradara a vostede fose señora ou señorita
que lle calmara, aliviara ou curara as feridas
da sua mente inútil e pechada
(CORO)






Mais tocadas

Ouvir 7 Lvvas Ouvir